O Festival de Ourense adiántase ao mes de outubro e incrementa o seu orzamento

O festival reinventado

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Despois dunha edición de transición, que levaba o lema de “Reinventar un festival”, o Festival de Cine de Ourense acaba de presentarse completamente renovado. Un dos primeiros cambios é a súa situación dentro do calendario, pasando a celebrarse no mes de outubro (do 11 ao 18) para non coincidir con Cineuropa. Outro dos cambios é o incremento do orzamento en 60.000 euros máis, que se notará nunha maior contía dos premios e na creación de novas categorías (mellor guión en longametraxes, mellor documental, mellor película de animación e mellor filme en novos formatos). Será a primeira edición na que se notará o selo de Enrique Nicanor, que foi nomeado director do festival o pasado mes de setembro.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Animación, Documental, Guión...