“O menor dos males” abre a duodécima edición do Festival de Cine de Ourense

Ourense, máis próximo

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Xa se coñece o programa da 12ª edición do Festival de Cine de Ourense que permanece fiel á súa estrutura tradicional con tres seccións competitivas, oito non competitivas, mais as paralelas e as seccións especiais. Na sección oficial hai producións galegas en todas as categorías: “O menor dos males” que, ademais de abrir o festival o vindeiro día 17, competirá pola Calpurnia á mellor longametraxes; “A casa de Lola de Andrés” e “Barreiros, motor humano” figuran na categoría de documental e sete producións na de curtametraxe. Entre as seccións paralelas destaca o interese por recuperar o diálogo dentro da produción.

Máis información no web do Festival

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Festival de Cine de Ourense, Documental, Calpurnia...