O Festival de cine de Ourense triplica o número de inscricións

No Amal competirán 45 filmes o vindeiro outono

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Nada menos que 1.891 películas, fronte ás 600 do pasado ano, están inscritas para participar no vindeiro Festival Internacional de Cine de Ourense (OUFF). De entre todas as producións, o comité de selección escollerá 150 para as diferentes seccións, competitivas e de exhibición, do evento. Segundo explicou o xerente do festival, Enrique Nicanor, boa parte das producións recibidas se centran nas relacións interxeracionais. Pola súa banda, a organización do Festival Euroárabe Amal deu a coñecer que proxectarán un total de 45 filmes de diferentes temáticas. Os responsables destacaron asimesmo a alta participación no evento. Finalmente, o vindeiro venres remata en Sada o III Festival de Cine Centrifugado e Canalla, que recibiu nesta volta 155 propostas para a proxección.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Amal, Festival de Cine de Ourense, OUFF...

Claves

Conceptos
Lugares