Curtocircuíto presenta un gran evento audiovisual e interdisciplinar na súa 19 edición

Dezasete producións galegas estarán presentes nas seccións Planeta GZ e Supernova

Dezasete producións galegas estarán presentes nas seccións Planeta GZ e Supernova
A 19ª edición de Curtocircuíto - Festival Internacional de Cine volve situar a ollada sobre a vangarda cinematográfica, incluíndo nas súas seccións competitivas as creacións máis recentes e arriscadas do panorama internacional. Curtocircuíto mantense fiel aos seus eixos de acción principais: o cine de autor e as linguaxes contemporáneas, así como a súa aposta polas artes vivas cun programa específico paralelo. O certame exhibe, do 1 ao 9 de outubro en Santiago de Compostela pezas de cineastas imprescindibles, así como doutros que despuntan co seu traballo máis actual. As seccións competitivas de Curtocircuíto 2022, Radar, Explora, Penínsulas e Planeta GZ reúnen un total de 56 títulos, sendo grande parte deles estreas a nivel estatal e galego.

Curtocircuíto estrea este ano unha nova imaxe gráfica oficial, cunha serie de catro carteis realizados en colaboración co colectivo artístico Los Bravú, que usan de detalles icónicos da zona monumental da cidade moi recoñecibles a para cidadanía e que van máis alá da referencia á Catedral. Teatro Principal, Numax e Auditorio Abanca acollerán as proxeccións, mentres que o resto das actividades espallaranse por diferentes espazos culturais da cidade, tomando o protagonismo no devir cotián da capital galega coa súa programación. O programa específico paralelo ás proxeccións, que aglutina música y espectáculos de artes visuais creados á marxe da industria, prestando unha especial atención á creación underground. Os shows A\V de Ryoichi Kurokawa, Awkward Moments ou o concerto de Lorenzo Senni destacan entre as actuacións máis esperadas. Ademais, Curtocircuíto colaborará con colectivo compostelán Bombo a Negras nunha programación que completará a noite inaugural do festival coas seguintes artistas: Cora Novoa, Cardopusher, Emilia Grima e Fullaplaza.

Títulos nas seccións competitivas
A organización xa fixo público o contido das seccións competitivas do certame, comezando polos filmes que se exhibirán en EXPLORA, o contedor que aglutina aquelas propostas enfocadas na innovación e o xogo coa linguaxe, próximas ao videoarte, o ensaio e a vangarda. Cineastas como Deborah Stratman, Pedro Maia, o galego Lois Patiño con ' El sembrador de estrellas', Sasha Litvintseva, Beny Wagner, Ben Russell, Joseph Wilson ou Peter Tscherkassky entre outros ata os 16 traballos que se proxectarán, participan nela coas súas últimas películas. PULSAR e TERRA, as dúas seccións enfocadas en autores emerxentes que posúen un traballo xa consolidado con linguaxes marcadamente persoais, dedican este ano o seu espazo a dous artistas que traspasan as fronteiras do xénero cinematográfico: o recoñecido norteamericano Andrew Norman Wilson e a artista galega Marta Valverde, que presentará unha proposta de "live cinema" titulada "Cosas Locas".

Curtocircuíto pon en valor o cinema galego a través da sección Planeta GZ, unha mostra heteroxénea da realidade galega máis emerxente e rompedora a través de dez filmes. O ensaio e o cinema documental dominan entre as propostas de Planeta GZ, que amosa a riqueza e pluralidade que caracteriza o audiovisual galego, nun abano que vai dende a ficción tradicional ao cinema hipótese como demostran os traballos 'Memory' de Nerea Barros; 'Así vendrá la noche', de Ángel Santos Touza; 'Elefante', de Alberte Pagán; 'VIDEOGRAMAS #4', de Jaione Camborda; 'Amarillo atlántico', de Carla Andrade; 'The Liquid Crystal Display System and the Subversive Pixels', de Alvaro Chior; 'Una ventanita', de Carlos Fernández López; 'Proxecto X', de Sol Mussa; 'Rompente', de Eloy Domínguez Serén e 'Tatuado nos ollos levamos o pouso', de Diana Toucedo.

A Sección Oficial Radar tráenos un conxunto de filmes que combinan descubrimentos do festival cunha selección das películas máis destacadas da tempada. Radar reúne algúns nomes que teñen sido dos máis destacados do festival nos últimos anos: Nesta edición destacan, entre outros, o francés Yann Gonzalez e o seu retrato de Oliver Sim -componente de The xx- o colectivo de danza francés (LA)HORDE, o catalán Gerard Ortín e a cineasta saudita Anhar Salem. A sección Penínsulas, pola súa parte, recolle una selección do cinema máis persoal e innovador do panorama estatal. Películas autorais conectadas coa realidade, e, na súa maior parte, tamén ao cinema do real; todas elas propoñen miradas alternativas sobre temáticas universais e formalmente singulares. Ensaios fílmicos, videodiarios, documentais, abstracción e cinema etnográfico: múltiples xéneros tratados sempre dende a contemporaneidade e a exploración da linguaxe. Ana Pfaff, Virginia García del Pino, Balthazar Klarwein ou Ana Esteve Reig van dar que falar

A etiqueta de sección Penínsulas, pola súa parte, recolle una selección do cinema máis persoal e innovador do panorama estatal. Películas autorais conectadas coa realidade, e, na súa maior parte, tamén ao cinema do real; todas elas propoñen miradas alternativas sobre temáticas universais e formalmente singulares. Ensaios fílmicos, videodiarios, documentais, abstracción e cinema etnográfico: múltiples xéneros tratados sempre dende a contemporaneidade e a exploración da linguaxe. Ana Pfaff, Virginia García del Pino, Balthazar Klarwein ou Ana Esteve Reig.

Finalmente, Supernova, a sección non competitiva creada polo festival para dar impulso e visibilidade a creadores noveles buscará un ano máis facilitar o visionado de óperas primas ao público xeral, ademais de fomentar sinerxias entre profesionais experimentados. O obxectivo: impulsar a cineastas emerxentes cara aos principais circuítos cinematográficos. Nela poderán verse sete producións galegas: 'Abismo, de Rubén Suárez; 'DEMASIADO*JOVEN*PARA*MORIR', de Victor Soho; 'Manifesto', de Eire Cid; 'Sedimento', de Costas Martín Noa; 'Para ver o mar ás veces é mellor pechar os ollos', de Breogán Xague; 'Carlos foi vivir ó mar', Fernando Areal Alvite e 'O que queda', Alejandro Rodríguez.

Para sacar adiante os seus galardóns o festival Curtocircuíto 2022 apostou pola conformación de xurados que reflictan o espírito interdisciplinar que os impulsa. Así congrega un xurado conformado por creadoras e profesionais do ámbito internacional pero de todo tipo de perspectivas disciplinares, máis alá do puramente audiovisual, evitando así endogamias disciplinares Curtocircuíto propón a profesionais da xestión cultural, a fotografía, a música, a arte contemporánea e a investigación, ademais, claro está, do cinema. Artistas e xestores culturais de Madrid, París, Gran Bretaña, Estados Unidos, Barcelona e tamén presenza galega coa artista Helena Salgueiro, conforman un elenco de selección realmente diverso.
Ligazóns