Máis de cincuenta producións galegas compiten por pasar á sección oficial do Festival de Ourense

O certame terá lugar do 11 ao 18 de outubro

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

A nova edición do Festival de Cine de Ourense quenta motores. Neste mes de agosto a organización está a peneirar entre os máis de 1.462 filmes recibidos a concurso. De aí sairán os títulos que pasarán á sección oficial que este ano presenta dúas novidades: a sección de animación pasa a ter entidade por si mesma (antes integrada en curtametraxes) e créase a de “novos media” para agrupar as instalacións, creacións de video-arte, filmes para móbiles, TDT... que empreguen formatos non tradicionais que exploren novos xeitos de creación. Entre os títulos recibidos destacan cincuenta e cinco producións galegas nas que hai catro longas. O festival adiántase este ano a outubro, para evitar coincidir coa outra gran cita cinematográfica (Cineuropa de Santiago).

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Animación, TDT, Festival de Cine de Ourense...