Só catro filmes galegos presentados ao Festival de Cine de Ourense

Recibiron 128 longametraxes en cinco semanas

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Conflitos familiares e problemas de fronteiras son as temáticas máis destacadas dos 128 filmes recibidos para participar na 18 edición do Festival de Cine de Ourense. Así o explica unha nota de prensa remitida polo festival que valora de forma “moi positiva” a redución da participación de filmes, de 177 da última edición a 128 desta, xa que este ano o prazo de recepción de material pasou de 15 a 5 semanas. Entre os filmes recibidos de 41 países, a maior parte deles do Estado, só hai 4 traballos galegos. Agora comeza o proceso de visionado para escolmar os filmes que conformará a sección oficial da vindeira edición que terá lugar entre o 2 e o 11 de novembro.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Ouff, no límite

Ouff, no límite

Ourense exhibirá filmes que reflexionan sobre os límites morais

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Festival de Cine de Ourense

Claves

Conceptos
Lugares