Paixóns e conflitos humáns. Sexo explícito e violencia cruenta narrada desde o extremo. A última edición do Festival de Cine de Ourense é a máis arriscadas de todas cantas levas ata o momento. No marco da Sección nos límites achegaranse filmes de temáticas e narrativas que están no límite moralmente permitido. Pero non é a única fronteira neste festival que cumpre 14 edicións e comeza o sábado.
Filmes cuxa temática amosa situacións ao límite das paixóns e conflitos humáns. Temas difíciles de tratar e de amosar pola súa crueza humana, social e ética, onde o realizador entra e arrisca o seu punto de vista cun compromiso ao límite do moralmente permitido. Pero non se trata de violencia para impactar ao espectador, explica Enrique Nicanor, director do Festival de Cine, senón porque esa violencia xa está enraizada na sociedade. Esta é a sección na que se poderán ver FilmeFobia (FilmPhobia) de Kiko Golfman, unha mestura de ensaio e documental que pon aos membros do equipo en situacións límites para abordar os diferentes tipos de medos que ten o ser humano. Canda esta poderase ver a produción con participación galega, Un bo home que conta o conflito que se produce cando Vicente (Tristán Ulloa) ve como Fernando (Emilio Gutiérrez-Caba) asasina a súa muller. Non o delata á policía, pero tampouco perdoa o seu amigo. Sen embargo, os acontecementos deixarán en evidencia a dobre moral dos personaxes. A sección complétase con Reversión, o filme da americana Mia Trachiner, unha especie de road movie, na que a protagonista considera que a única saída para iniciar unha nova etapa pasa por asasinar á súa parella.
Unha sección que amosa filmes e temas controvertidos do noso tempo que poden revolver as nosas pantasmas interiores. No mesmo programa explican que quedan advertidos do forte contido desta sección.
Sección competitiva
Esta edición hai 200 títulos nas diferentes seccións competitivas. En canto a produción galegas, na categoría de longametraxes a competición destaca a película de Pablo Iglesias, Pedro e o Capitán, a adaptación cinematográfica dun conto de Benedetti. Na sección documental compite a película Flores tristes, mentres que na de animación destacan as producións galegas O güerepork, O pintor de ceos e o O soldadiño de chumbo. Canda estas, hai tres títulos que chegan doutros festivais con numerosos premios no seu haber. Son Allen Anderen (Todos os demais), Pesca Sportiv (Pesca deportiva) e Águas Mil.
Allen Anderen, premio do público e do xurado na última Berlinale e o premio a mellor dirección no Festival de Bos Aires, narra a escapada romántica a Cerdeña dunha xoven parella, Chris e Gitti, un retrato dunha relación aparentemente estable onde un pequeno incidente está a punto de desencadear unha serie de conflitos entre os mozos.
Pesca Sportiv (Mellor Guión en Mons 2009 e Premio do Xurado en Palm Springs e Tesalónica 2009) explora na gran pantalla as inesperadas consecuencia que un picinic dominical pode ter para outra parella de mozos. E Águas Mil é un filme portugués que narra a procura de Pedro, fillo dun home desaparecido durante a Revolución dos Cravos de abril de 1974, tralas pegadas do seu pai.
Un filme alemán, outro armenio e un portugués que abandeiran esa sensación de punto de encontro que pretende ser o Festival de Cine de Ourense. Enrique Nicanor, director deste encontro, asegura que temos que ver o que se está a facer noutras cinematografías distantes fisicamente das nosas e, ao mesmo tempo, que sirve de reflexo no que ese ano está a acontecer no mundo. Por iso, Nicanor asegura que con esta sección oficial pretenderon exhibir películas interesantes que removen os sentimentos.
Outros límites
Un festival é unha cousa moi seria, ten unha regulamentación, unha normativa e unha serie de requirimentos que están debidamente fixados pola Asociación Europea de Festivais explica Enrique Nicanor. Para el, en Galicia existe a obriga de ter un gran festival de cine, e o de Ourense podería encaixar nesa necesidade. Pero Nicanor tamén recoñece que estamos no límite porque para facer unha cousa oficial, a programación tería que estar feita cos representantes políticos e non parece que este sexa o momento. En todo caso, apunta que nesta edición están convidados representantes de todas as administracións, desde a local ata a europea para falar dun xeito tranquilo, restándolle formalidade e que estea afastado das personaxes engaravatadas e dos abrigos de visón. Pero, ao mesmo tempo, Nicanor aproveita para apuntar que falta unha definición de cal é a política audiovisual e cal ha de ser o papel dos festivais nel. O director asegura tamén que os festivais bailan na corda frouxa todos os anos e así non pode haber desenvolvemento nin crecemento no programa dos festivais. Nesta liña, o festival acariña desde hai varios anos a idea de converter o consorcio nunha fundación que lle dea unha certa estabilidade. Un proxecto para o que fan falta cartos e vontade política sintetiza Nicanor.