A 17 edición do Festival de Cine de Ourense quenta motores coa presentación do cartel

A cita terá lugar do 2 ao 11 de novembro

Nun ano especialmente crítico para o festival de Cine de Ourense (tralo anuncio da disolución do Consorcio que o organizaba por mor da saída da Deputación) a cita continúa adiante polo apoio do concello desta localidade. A entidade fixo pública a presentación do cartel da 17 edición que terá lugar do 2 ao 11 de novembro. A cita terá unha programación máis reducida, xa que só mantén unha sección oficial de carácter competitiva (de longametraxes), aínda que está por ver cal será a programación final. Malia que só tivo aberto 5 semanas o prazo de recepción de traballos (en 2011 foi de 15 semanas) nesta edición recibiron 128 traballos de 41 países, e tan só 4 traballos de Galicia.

Ligazóns