As longametraxes foron sempre o “buque insignia” do Festival Internacional de Cine de Ourense, por iso é o único xénero que se mantén neste certame que cumpre dezasete edicións. A cita, que se desenvolverá do 2 ao 11 de novembro, reduce o seu modelo competitivo só a longametraxes aÃnda que desde a organización aseguran que manterán outros ciclos de exhibición. Asà o decidiu o Consello Reitor do OUFF reunido o pasado venres nos que se barallaron outras fórmulas e modelos de festival. Este foi un ano especialmente complicado para a entidade, xa que en xaneiro a Deputación de Ourense aprobou a saÃda do Consorcio que conformaba co concello. Alén da publicación das bases, cuxo prazo de recepción abre hoxe, o festival mantén activa a súa sección OUFF Escola, actividade dirixida á comunidade escolar.