O Ourense Film Festival anuncia o seu adiamento

A Deputación de Ourense abandona o Consorcio "de forma unilateral"

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A Deputación de Ourense era un dos puntais orzamentarios do consorcio de institucións promotoras do Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF): en 2011 o organismo provincial contribuíra ao orzamento con 90.000 euros, segundo informa unha nota de prensa remitida hoxe polo Festival. A ausencia dos membros da Deputación no pleno do Consello Reitor do Festival de Cine e a súa decisión de abandonar o consorcio "condiciona xuridica e economicamente a celebración do OUFF", segundo Isabel Pérez, presidenta do Consorcio e concelleira de cultura de Ourense. Pérez vencella a celebración dunha nova edición do Festival de Cine Internacional “á posibilidade de que o Concello asuma a súa organización, pero nunca o Consorcio”.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Deputación de Ourense, OUFF

Claves

Conceptos
Lugares