A Deputación de Ourense abandona o Consorcio Audiovisual Galego

Tamén deixará de apoiar o Festival de Cine de Ourense

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

O pleno da Deputación de Ourense aprobou esta mañá, segundo publica a edición local de La Voz de Galicia, unha serie de propostas que afectan ao sector audiovisual. Dunha banda, decidiu solicitar a saída do Consorcio Audiovisual Galego que, segundo establecen os estatutos desta entidade farase efectivo no vindeiro ano. Da outra, deixará de apoiar económicamente o Festival de Cine de Ourense.

Diego G. Lopez, voceiro do Festival de Cine de Ourense asegura que “de momento non houbo comunicación oficial por parte da Deputación”. Entidade que, por outra banda, integra o consorcio que mantén o festival de Ourense que cumpriría en 2013, a súa 17 edición.

Por outra banda, a decisión non tivo resposta oficial por parte do Consorcio Audiovisual de Galicia, xa que está fóra o seu director-xerente, Anxo Quintanilla. A decisión votada hoxe implica a petición formal de saída da entidade que, tal e como figura nos estatutos se fará efectiva para 2013. Segundo fontes do Consorcio, a achega da Deputación para o vindeiro exercicio é de 18.000 euros.

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación de Ourense, Cine, Festival de Cine de Ourense, La Voz de Galicia...