Consúmase a desaparición do Consorcio do Festival de Cine de Ourense

A Deputación de Ourense decidiu en 2011 deixar de financiar esa actividade

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Naceu co obxectivo de encargarse da realización e organización do Festival de Cine Internacional de Ourense “con especial consideración do cinema independente”, segundo establecían os seus estatutos. Constituíronno o concello a deputación ourensá ata que en decembro de 2011, a deputación aprobou nun pleno a supresión da partida destinada a ese organismo. Como os estatutos fixaban a forma na que se concretaba a saída, houbo que esperar un ano ata facer firme a súa disolución, que se fai efectiva hoxe. Malia a supresión desta entidade, o concello da cidade xa manifestou a súa intención de continuar co festival, aínda que de momento non se publicaron as bases nin houbo ningunha comunicación neste sentido.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Festival de Cine de Ourense, Deputación de Ourense