O Consorcio Audiovisual tentará implicar a Deputación ourensá malia súa saída do organismo

A Deputacion achegaba 18.000 euros á entidade

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

O pasado venres, a Deputación de Ourense aprobou en pleno a súa saída do Consorcio Audiovisual de Galicia. Unha situación que se producirá, tal e como figuran nos estatutos da entidade, no ano 2013. Con todo, o director-xerente do Consorcio, Anxo Quintanilla, afirma que coñecía a intención da Deputación é que “buscaremos outra formas de colaboración ao longo de 2012 e de que siga implicada na actividade do Consorcio”. Quintanilla sitúa esta decisión no contexto de crise económica e de “necesidade de conseguir unha maior eficacia na xestión” e asegurou que esta decisión non implica a outras das entidades que integran o Consorcio.

Con todo, as decisión que deberá tomar o Consorcio Audiovisual de Galicia para 2012 dependen da xuntanza do Consello de Administración que terá lugar presumiblemente a principios de xaneiro. “Será nesa xuntanza na que se aprobe o plan de actividades previstos para este ano” asegurou Quintanilla. O único anunciado a día de hoxe é a renovación do sitio web da entidade, a posta en marcha dos cursos de formación da entidade (remitiron tanto formularios aos profesionais, como as celebracións das probas de preselección dos monográficos de inglés audiovisual) e o anuncio do fondo de coprodución Raíces.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consorcio Audiovisual de Galicia, Deputación de Ourense