Bota a andar o remodelado Consorcio Audiovisual de Galicia

Anxo Quintanilla é o novo director-xerente do organismo

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Co conselleiro de Cultura, Roberto Varela, como presidente e co Secretario Xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro, como vicepresidente do Consorcio Audiovisual de Galicia ponse fin a unha das polémicas do bipartido pola división de competencias nesta materia. O novo consorcio mantén na súa composición a administración autonómica (como novidade, incorpórase a consellaría de Traballo) e a local, a través das deputacións, e buscará a implicación do sector a través das “comisións asesoras”. A nova etapa do Consorcio botou a andar hoxe coa aprobación dos novos estatutos e o nomeamento de Anxo Quintanilla como director-xerente. Un nomeamento que chega, como o propio Cabaleiro asegurou, “escoitado o sector”.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consorcio Audiovisual de Galicia, Roberto Varela

Claves

Protagonistas