A Deputación de Ourense ten a intención de deixar de formar parte do Consorcio Audiovisual de Galicia. Trátase dunha iniciativa do grupo do Partido Popular que se debaterá no Plano da Deputación que terá lugar este venres. Na proposta, o PP xustifica que se trata dunha "área de actuación que non se corresponde coas competencias legalmente asinadas á Deputación Provincial de Ourense”.
De aprobarse, a saÃda da Deputación non é inmediata, xa que os estatutos do Consorcio contemplan a posibilidade da separación dalgun dos seus membros con “aviso previo dun ano, sempre que non se prexudiquen os intereses públicos xerais que representa o Consorcio”. A Deputación destinaba a este organimo 18.030,36 euros, que agora pretende reducir nun plan de austeridade que busca minimizar os gastos correntes.