O Concello de Ourense prevé a continuidade do OUFF

Acordou coa Deputación a desaparición do Consorcio que ata o de agora organizaba o festival

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

O Festival de Cine de Ourense (OUFF) terá continuidade. O Concello prevé iniciar os traballos para artellar unha nova edición sen o concurso da Deputación, segundo publica hoxe La Región. A concelleira de cultura ourensá, Isabel Pérez, ten previsto manter hoxe unha xuntaza co presidente da Deputación, Manuel Baltar, para acordar o xeito no que se concreta a disolución do Consorcio, participado polas dúas entidades, que ata o de agora corría coa organización do evento.

Como vindeiro paso, Pérez anuncia que pretende convocar o Consello Reitor do festival para analizar a situación e publicar as bases da nova edición do certame. O Concello ten prevista nos seus orzamentos unha achega de 10.000 eruso ao festival.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con OUFF, Concello de Ourense, Manuel Baltar, Cine...