O flamante presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, entrevistábase onte coa alcaldesa de Ourense, Isabel Pérez, con vistas a negociar a participación da entidade provincial no vindeiro Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF). Despois do encontro, Baltar sinalou que a entidade que preside está disposta a apoiar economicamente o eventno, logo de que en decembro suspendera a súa achega de 90.000 euros ao mesmo. Baltar reclamou que a Deputación non quere "un papel de simples pagadores, senón un protagonismo activo e participación", tanto a respecto do festival como da promoción do audiovisual en xeral.
Isabel Pérez apuntou que se pretende estender a colaboración entre as entidades a todo o ano e a estender a programción cinematográfica vencellada ao OUFF por toda a provincia. Unha xuntanza do consello reitor do festival será o seguinte paso para concretar este proxectos.