
Entre as principais novidades desta xeira a organización destaca a incorporación de videoclips a competición e mais da ficción televisiva dentro da sección OUFF Transmedia. Ademais, estréase un programa de roteiros que visitarán os escenarios de cine da provincia. No ámbito formativo, apúntase o diálogo entre o director Oliver Laxe e a produtora Emma Lustres, de Vaca Films como un dos principais eventos.
Finalmente, na sección oficial competirán quince longametraxes. La odisea de los giles, Los consejos de Alice, Nuestras madres, Parásitos, Retrato de una mujer en llamas, Cachada: The Opportunity, Monos, O que arde de Óliver Laxe, La hija de un ladrón, Chicuarotes, El doble más quince e The Bra foron as seleccionadas entre cincocentas propostas a concurso.
Na sección OFF en Curto competirán 17 curtas e nove videoclips, mentres Fas Muvis promoverá a creación de pezas audiovisuais contrarreloxo. Unha retrospectiva de cinema mexicano, o programa OUFF Escola, obradoiros e as exposicións Filmado en Ourense. Sempre Xonxa.Chano Piñeiro. 1989-2019, O intimismo da rodaxe de Elisa e Marcela e mais Memoria erótica de Xurxo Oro Claro completan a proposta.