O XVIII Festival de Ourense desenvolverase do 16 ao 24 de novembro

Nesta edición recupera o Premio Cidade de Ourense

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
O XVIII Festival de Ourense desenvolverase do 16 ao 24 de novembro

Despois da incerteza creada trala disolución do Consorcio para o Festival de Cine de Ourense que mantiñan entre a deputación e o concello ourensá, finalmente haberá festival de cine. Será do 16 ao 24 de novembro e seguirá fiel á súa temática de filmes comprometidos temática e formalmente. O prazo de recepción de películas estará aberto ata o 25 de setembro e a sección oficial a competición continuará reducida ás longametraxes de ficción. Con todo, o programa manterá diferentes ciclos non competitivos. Entre as novidades recupera o Premio Cidade de Ourense, que recoñecerá a unha figura do sector audiovisual e á que se lle dedicará unha restrospectiva. O OUFF tamén reservará un espazo para a cultura do viño, o documental e para as producións chegadas desde diferentes partes do mundo.

A día de hoxe recibíronse un centenar de traballos nas oficinas do OUFF, e desde a organización fan un chamamento aos realizadores galegos a participar "co desexo de converterse en escaparate e plataforma de lanzamento para os seus traballos, independentemente da súa temática, duración ou formato", segundo figura nunha nota de prensa.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, OUFF, Documental, Festival de Cine de Ourense

Claves

Conceptos
Lugares