Latinoamérica e a temática social priman nas candidaturas ao OUFF

Emilio Martínez Lázaro recibirá o premio Cidade de Ourense

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Latinoamérica e a temática social priman nas candidaturas ao OUFF

Dez filmes nos que participan un total de quince países optan ás Calpurnias, os premios do Festival Internacional de Cinema de Ourense. O XIX OUFF, que se desenvolverá na Cidade das Burgas entre o 15 e o 23 de novembro, presentaba onte os filmes a concurso na súa sección oficial. O cinema emerxente latinoamericano, coas producións La vida después, La madre del cordero, A história da eternidade e El cerrajero, e mais a temática social predominan nas candidaturas. O Festival desenvolverá tamén as seccións paralelas Inédito en Ourense, Documentais, Panorama Galicia, Cine e Viño e Sesións Especiais. Por outra banda, a organización do evento entregoulle o premio Cidade de Ourense desta edición ao director Emilio Martínez-Lázaro como "homenaxe á súa traxectoria e querendo celebrar o éxito do cine español neste ano 2014".

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ourense, Cine, OUFF, Latinoamérica...

Claves

Entidades
Conceptos