Dez películas competirán na sección oficial do Festival de Cine de Ourense

O premio de honra é para o realizador Enrique Urbizu

9/11/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual

Enrique Urbizu

Unha das grandes citas do audiovisual galego é o Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF), que se celebrará na cidade das Burgas entre o 14 e o 22 de novembro. Xa se coñece a programación e a dez películas que competirán na sección oficial. Son La vida después (Arxentina), Bridgend (Dinamarca), The Sinking of Sozopol (Bulgaria), Dark Horse (Reino Unido), La novia (España/Alemaña), Bambanti (Filipinas), El comienzo del tiempo (México), La decisión de Julia (España), Techo y comida (España) e Killing Time (Francia/Bélxica). Por primeira vez, dous documentais participan canda as cintas de ficción: Dark Horse e Killing time. Ademáis, o festival concederá ao director Enrique Urbizu o seu premio de honra.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Ourense, Festival de Cine de Ourense, Documentais...