Premio dobre para Jaione Camborda por 'O Corno' no OUFF

'Honeymoon' de Enrique Otero acada o Premio do Público do festival internacional de Ourense

'Honeymoon' de Enrique Otero acada o Premio do Público do festival internacional de Ourense
Jaione Camborda recolle o galardón no OUFF
A 28ª edición do Ourense Film Festival (OUFF) pechouse coa entrega dos galardóns das seccións competitivas no Auditorio Municipal de Ourense despois de 10 días cunha programación chea de cinema e a presenza de grandes figuras homenaxeadas cos diversos premios de honra. A directora vasca afincada en Galicia, Jaione Camborda, lograría unha por 'O Corno' o premio Calpurnia Xacobeo á Mellor Película e o Premio á Mellor Dirección. A comedia negra Honeymoon, de Enrique Otero, recolleu dous premios. O primeiro foi o Premio do Público, que patenta o éxito do filme das salas, onde o 88% dos espectadores participaron co seu voto. Ademais Nathalie Poza, actriz protagonista do filme, alzouse co Premio á Mellor Interpretación da sección Panorama Galicia. O Premio ao Mellor Guión foi para Xavier Villaverde, por 'María Casares: a muller que viviu mil vidas'.

No relativo ao palmarés da Sección Oficial Internacional entregouse o Premio Especial do Xurado a 'La memoria infinita', un documental de Maite Alberdi que tamén acadou o Premio Carlos Velo á Mellor Dirección. O Premio á Mellor Interpretación levouno a actriz Lily Gladstone por 'Fancy Dance'. Este filme tamén levou o Premio ao Mellor Guión, escrito por Erica Tremblay e Miciana Alise. O premio grande da Sección Oficial Internacional, a Calpurnia a Mellor Película foi peche desta entrega de galardóns do 28º OUFF. O xurado decidiu outorgarllo a 'Fallen Leaves', do director finés Aki Kaurismäki. Recolleu o premio Bernardo Loira, da distribuidora en España do filme.

O OUFF está organizado pola Fundación Carlos Velo e co patrocinio principal da Deputación de Ourense. Son copatrocinadores do OUFF a Xunta de Galicia, Abanca, La Región, Gadis e Hijos de Rivera.