Ourense acolle, entre o 27 de setembro e o 6 de outubro, a proxección dun total 60 filmes no marco da vixésima novena xeira do Ourense Film Festival (OUFF). As diferentes seccións do evento reúnen producións de 19 paÃses a concurso na sección oficial. A selección realizouse sobre un total de 350 propostas a concurso chegadas de 54 paÃses a esta cita que organiza a Fundación Carlos Velo co patrocinio da Deputación de Ourense e o apoio da Xunta de Galicia.
O programa continúa a aposta polo cinema do paÃs, e a segunda edición da Sección Oficial Panorama Galicia, inaugurada en 2023, achegará 10 proxectos, dos cales 7 son documentais. Este espazo acollerá a estrea a nivel mundial do documental Adolfo DomÃnguez: El eco de otras voces, dirixido por Adriana DomÃnguez, filla do deseñador. Canda a este, poderán verse os filmes Paisaje Épico de Valeria Roig sobre o pintor catalá Fidel Roig Maróns, Salvaxe, Salvaxe, de Emilio Fonseca, a explorar imaxes e ausencias do lobo ibérico, ou Con Aurora, de Area Erina a retratar a relación de intimidade entre dúas mulleres de distintas idades.
Ademais destas producións, a histórica Asociación Cultural Abrente protagoniza Abrente, do ermo á rebeldÃa, novo traballo de Xan Leira, mentres Mes amis espagnols, de Adien Bordone aborda a volta á Galicia dos fillos de inmigrantes en Suiza. En Buscando a Santa Compaña Fernando Cortizo procura as últimas testemuñas sobre este fenómeno, mentres no drama Los ojos de europa, de Juan Pinzás, propón "unha viaxe fÃsica e introspectiva durante o Ano Xacobeo dun director de cine", en Hybris David Rubira, desenvolve un thriller arredor dun roubo, e a comedia Vestida de branco, de Juan Carlos Blanco, narra a historia dunha moza "que soña co seu vestido de noiva coñece a unha deseñadora de moda que da un xiro a súa vida".
Alén destes espazos, o programa homenaxea o director Carlos Velo cunha estrea restaurada de RaÃces na sección Ouffemérides. O Ciclo Inédito: Autoras achegará filmes de directoras non estreados na cidade mentres o Cinema e Auga explorará historias que teñen este elemento como elemento protagonista. A grande novidade deste ano é a sección OUFF Lab, que amosará traballos de novos nome do audiovisual galego. Roteiros cinematográficos, encontros literarios, o concerto da Xove Orquestra OurensanÃa a interpretar temas de Star Wars ou os concursos Fas Muvis e Fas Curtas, ademais do certame para proxectos de videoxogos galegos OUFF Game Awards complementan o programa do festival.
Para alén das actividades, o evento que organiza a Fundación Carlos Velo outorgou nesta xeira a súa Calpurnia de Honra Internacional ao guionista cubano Alejandro Hernández, colaborador habitual de grandes directores da escena nacional e recoñecido cos Goya a Mellor PelÃcula e Mellor Guión Adaptado por CanÃbal ou no Festival de Málaga polo seu labor en El autor e en Los buenos demonios.
Canda a el, a deseñadora de vestiario e directora vasca Clara Bilbao recibirá o Premio Especial OUFF 2024. A organización destaca "o conxunto da súa ben acreditada traxectoria profesional na arte de vestir aos personaxes na pantalla desde o deseño de vestiario, gañadora de tres premios Goya nesa categorÃa no cine español, e sobresaÃnte debutante no eido da dirección coa recente longametraxe Tratamos demasiado bien a las mujeres, rodada en Galicia". Tamén foi recoñecida nesta edición o traballo de Andrea Vázquez, produtora de O Corno ou O que arde co Premio Chano Piñeiro a destacar "o seu esforzo a prol dun cinema que ao tempo que procura novas formas de expresión reivindica un espazo no mundo sen renunciar á cultura propia".