Pablo Iglesias presenta a súa longametraxe Pedro e o capitán

É a adaptación cinematográfica da obra homónima de Mario Benedetti

20/11/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Rodada en galego, en formato dixital e con só dous actores, Pablo Iglesias estreáse na dirección con Pedro e o capitán. A longametraxe estréase hoxe no Auditorio da Aula SocioCultural da Fundación Caixa Galicia, en Santiago de Compostela, ás 20:30 horas. Está baseada na obra homónima de Mario Benedetti e narra o diálogo imposible dun militar torturador e un preso político torturado nunha sala de interrogatorios. É a historia dun conflito que vai máis alá do meramente ideolóxico.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Caixa Galicia, Fundación Caixa Galicia, Santiago de Compostela