Comeza unha nova edición de Cinecidade, que este ano se centra nas mulleres

As proxeccións terán lugar na Aula de Cultura de Caixa Galicia

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

A vida nalgunhas cidades non é igual para homes que para mulleres. Amosar como é esa vida urbana baixo a influencia de diferentes réximes políticos e culturais é o obxectivo dun novo Cinecidade, o ciclo de cine organizado pola delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos de Galicia. O ciclo arranca hoxe coa proxección de Persépolis (Aula de Cultura de Caixa Galicia, 20:00 horas), a adaptación cinematográfica da banda deseñada homónima. Por diante quedan tres días nos que se proxectarán en versión orixinal subtitulada títulos como Na cidade de Silvia, Lost in traslation ou A cidade está tranquila.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Mulleres, Caixa Galicia, Banda deseñada...