Pontevedra vestiuse de gala o pasado xoves para conceder os premios máis importantes do audiovisual galego, os Mestre Mateo 2008. A gran vencedora da noite foi a primeira longametraxe de imaxe real de Ángel de la Cruz, Os mortos van ás présas, que levou nove premios, entre os que destaca o seu equipo actoral (gañaron Chete Lera como actor principal; Xosé Manuel Olveira Pico por interpretación de reparto e Belén Constenla como secundaria). Foi A noite que deixou de chover, a que levou os galardóns máis destacados: dirección e guión para Alfonso Zarauza. No palmarés destaca tamén Padre Casares (mellor serie de televisión e mellor realización), Belén Regueira (mellor comunicadora de televisión) e Tamara Canosa (mellor actriz protagonista).