En plena efervescencia da web 2.0 asentada nos principios da colaboración e do intercambio áxil de información entre os usuarios, chega a Wikipeli. Un proxecto cinematográfico impulsado por José Corbacho e Juan Cruz que solicitan a opinión dos futuros espectadores a través do sitio web para todas as fases do proxecto. O galego Martín Rivas é o protagonista, xunto con Blanca Suárez e Álex Angulo, desta curtametraxe que comezou a rodarse onte en Madrid.