Noticias
O “dobarrismo” protagonizará unha das xornadas da semana cultural do Felipop
Xénero:
| 31 / 7 / 2007O festival pop que se celebra cada ano na parroquia de Limodre, en Fene, inclúe na súa programación do 2007 tres días previos de actividade cultural que converten o evento nun dos de máis longa duración. Os concertos comezarán o xoves 9 de agosto e seguirán ata o sábado pero desde o luns xa haberá actividades culturais no programa. O mércores 8 será a xornada dedicada ao “dobarrismo” coa presentación do disco “Manifesto dobarrista” (Falcatruada,2007) a proxección dun trailer que avanza o documental feito por Anxo Fernández sobre Andrés Dobarro que se estreará en televisión e unha mesa de debate sobre o artista ferrolán. Fernández será un dos compoñentes da mesa na que o acompañarán Xurxo Souto, Xavier Alcalá e Noel Feáns, responsable do net-label A Regueifa. A xornada inclúe a actuación dalgún dos grupos que participaron no disco como Boy Elliot ou Jules e Jim.
Máis información no Diario de Ferrol
O gaiteiro Pablo Seoane presenta o seu segundo disco no que usa a dixitación pechada
Xénero:
| 27 / 7 / 2007O gaiteiro Pablo Seoane presentará oficialmente durante as Festas do Apóstolo de Compostela o seu novo traballo discográfico “Fluíndo en pechado”. Este segundo disco de Seoane, foi gravado nos estudios de produción da Radio Galega, e está editado polo selo “Leilear”. O disco púxose á venda o pasado 1 de xullo. “Fluíndo en pechado” é un traballo con 14 temas baseado na música de raíz galega, especialmente na dixitación “pechada”, a cal estivo practicamente en desuso debido a grande dificultade, tanto de interpretación como de afinación e interrelación con outros instrumentos. O concerto no que presentará oficialmente este disco será ás 22:30 horas na Praza do Toural. Pablo Seoane, acadou no 2002 o terceiro posto do trofeo McAllan de gaita do Festival Internacional de Música Celta da localidade francesa de Lorient.
O LV Festival de Ópera da Coruña contará no ano 2008 coa participación e financiamento da Xunta
Xénero:
| 26 / 7 / 2007O 55 festival de Ópera da Coruña contará para a súa organización co departamento de cultura da Xunta. O Consello da Xunta aprobou hoxe o convenio de colaboración entre a Consellaría de Cultura e Deporte e o Consorcio para a Promoción da Música, organismo xestor da actividade musical promovida desde o Concello da Coruña. O convenio contempla a realización conxunta entre o Consorcio e a Consellaría deste evento e o financiamento po parte da Xunta cun importe de 240.000 euros. O prazo previsto para o desenvolvemento e a realización do proxecto estenderase ata novembro. O programa 55 Festival da Ópera será realizado por un equipo de profesionais e dirixido polo Consorcio, baixo as ordes do director do Festival, que actuará como representante do Consorcio e interlocutor fronte á Consellaría.
A banda ourensá El Pararrayos saca o seu terceiro disco “Los días cambiantes del Pararrayos”
Xénero: IMAXES
| 23 / 7 / 2007 +Dezanove temas enchen este disco producido e arranxado polo trío ElPararrayos e editado por Arteficción Discos. Entre esta ampla oferta de cancións a banda fai temas eléctricos, ciber-acústicos ou instrumentais, que van desde a Nova Ola ata o folk-rock. O disco foi gravado nos estudios Xingreira de Ourense e mesturado en Mastertips de Madrid. ElPararrayos son José Lameiras, Xurxo Labrador, Jesús Dopazo e. nos directos, Aser Álvarez na batería acústica. No disco tamén interviñeron outros músicos como Javier Dorfono, Manolo Carballo e Isaac Canelo.
Máis información no sitio de El Pararrayos
A Orquestra Sinfónica de Galicia presenta a súa programación na que pretende captar público novo
Xénero:
| 20 / 7 / 2007Este ano celebraba o seu 15º aniversario, pero para o próximo, o reto da Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) pasa por buscar novos públicos. Para iso, a programación da vindeira temporada (19 de outubro - 3 de maio) inclúe unha maior presencia do clasicismo e do romanticismo onde destacan as nove sinfonías de Beethoven. Entre os directores que fan parte dos vinte programas concretados destaca Jesús López-Cobos, Carlos Rizzi, Franz Brüggen, Rubén Gimeno e o debú galego Joam Trillo.
Máis información no web da Orquestra Sinfónica de Galicia, en El País e na nosa hemeroteca
Convocada a segunda edición do certame de maquetas NovaXove Music dirixido a grupos noveis
Xénero:
| 19 / 7 / 2007Coa presenza e actuación do grupo Stereotipos, gañadores da primeira edición, deuse o disparo de saída da segunda edición do Certame NovaXove Music que está aberto ata o 23 de novembro. O concurso de maquetas convocado por Caixanova conseguiu na súa primeira edición unha participación de máis de cincuenta grupos que espera superar nesta segunda convocatoria. NxMusic ten como obxectivo dar a coñecer e promover a música de artistas e grupos descoñecidos en busca dunha oportunidade. Dentro das súas fases a primeira consiste en que as cancións, colocadas na páxina web de Nova Xove serán votadas polos internautas e tamén por un xurado de expertos musicais. As dúas notas xuntas conformarán a clasificación da que sairán os catro máis votados a un concerto no que o xurado decidirá ao gañador. O premio inclúe a gravación dun disco, xira de promoción e actuación nun festival nacional.
Máis información en NovaXove
O festival Popkomm de Berlín contará cunha ampla representación galega
Xénero: VIDEO
| 19 / 7 / 2007 +Faltriqueira, Berrogüeto e Lamatumbá son os grupos galegos que estarán presentes na décimonovena edición do Popkomm. Unha das citas máis importantes do mundo en materia musical que terá lugar en Berlín do 19 ao 21 de setembro. Grupos, empresas e institucións relacionadas coa música en todo o Estado irán baixo o paraugas da iniciativa “Sounds from Spain”, na que tamén colaborou o Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais.
Máis información no web do Popkomm e sobre a política de promoción de festivais na nosa hemeroteca
O concerto de Pontevedra acende máis a polémica sobre o paso de Sabina e Serrat por Galicia
Xénero:
| 18 / 7 / 2007Primeiro foi o concerto de Santiago de Compostela, celebrado o pasado sábado 14 de xullo. A organización decidiu cancelalo cincuenta minutos despois de comezar ante o risco de accidentes eléctricos. Un grupo dos 13.000 asistentes usuarios organizáronse a través do blog “Non somos parvos” para reclamar a devolución dos 30 euros que pagaron pola entrada ou obter algún outro tipo de compensación, coa ameaza de emprender accións xudiciais contra a compañía organizadora, Cavea Producciones. Pero os problemas da xira “Dos pájaros de un tiro” dos cantantes Joan Manuel Serrat e Joaquín Sabina continuaron onte en Pontevedra, onde os artistas celebraban outro concerto na Praza de Touros. Un número significativo de persoas con entrada non puideron acceder ao recinto ao pechárense as portas xusto ao inicio do concerto. A decisión provocou escenas de tensión e protesta por parte dos asistentes.
Máis información en La Voz de Galicia; o blog “Non somos parvos”
A OSG grava un disco monográfico dedicado a Joaquín Rodrigo coa guitarrista nipona Kaori Muraji
Xénero:
| 17 / 7 / 2007A Orquestra Sinfónica de Galicia dirixida por Víctor Pablo Pérez grava esta semana na Coruña un disco dedicado á música para guitarra do mestre Joaquín Rodrigo coa guitarrista xaponesa Kaori Muraji (Tokio, 1978). Muraji está considerada como unha das máis brillantes intérpretes de guitarra clásica no panorama internacional. Gañadora do Concurso Internacional de Guitarra Leo Brower en 1992, a artista nipona traballa habitualmente con orquestras do prestixio da Japan Philharmonic Orquestra, Orquestra Sinfónica Nacional da RAI, Shanghai Symphony ou a NHK Symphony Orchestra. O disco, que editará a discográfica DECCA, incluirá o documental “Kaori Muraji in Spain” que un equipo de Universal Xapón filma toda esta semana na Coruña.
Máis información no web da OSG
A agrupación Os Folerpas gaña o VIII Memorial Ricardo Portela de Pontevedra
Xénero:
| 16 / 7 / 2007En homenaxe a un dos mestres gaiteiros máis afamados celebrouse en Pontevedra a oitava edición do certame que leva o seu nome. No Memorial Ricardo Portela participaron seis agrupacións de música tradicional chegadas de toda Galicia. Na final, celebrada o sábado na Praza da Verdura, a agrupación compostelá Os Folerpas, na que milita Pablo Carpintero, acadou o primeiro premio desta edición. O segundo e terceiro premios foron para Rédea Solta de Pontevedra e Contracocheno de Vigo respectivamente. O premio especial Seivane foi para a agrupación Os Enxebres de Cacheiras mentres que o especial Ricardo Portela á mellor interpretación dunha peza do gaiteiro homenaxeado foi para os Rédea Solta.
Máis información no blog Malmequer