Noticias
A música protagoniza o Día das Letras dedicado ás cantareiras
Xénero:
| 10 / 2 / 2025A sede da Fundación Seoane, na Coruña, acollía este 10 de febreiro a presentación do programa que a Real Academia Galega artellará ao longo do ano arredor do Día das Letras Galegas. A efeméride está dedicada nesta ocasión "á poesía popular oral e ás mulleres que contribuíron á súa creación e transmisión" e personificada en Adolfina e Rosa Casás, Eva Castiñeira e mais Manuela Lema, Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda e Teresa García Prieto, as catro integrantes das Pandeireteiras de Mens que faleceron hai máis de dez anos, requisito establecido para recibir esta dedicatoria.
Quiosco: Raigame 51
Xénero:
| 7 / 2 / 2025A sede da Deputación de Ourense acollía este 2 de febreiro a presentación do número 51 da revista Raigame. Revista de arte, cultura e tradicións populares. A publicación que realiza o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo co apoio da Deputación de Ourense lembra nesta entrega o cincuentenario do falecemento do fotógrafo José Suárez. O creador protagoniza un artigo no que Xosé Luis Suárez Canal e Mercedes Rozas repasan diferentes exposicións que protagonizou ao longo da súa vida.
Ruxe Ruxe publican o novo disco 'Xabral'
Xénero:
| 5 / 2 / 2025'Pub rock' é o tema que abre o novo álbum dos veteranos Ruxe Ruxe e tamén é o nome da xira de presentación do disco, que xa arrincou e ten varias datas por diante. 'Xabral' (Luneda, 2025) é o décimo cuarto disco da banda de Aríns. Trece temas de rock&roll con sabor a clásicos todo eles e que de seguro ofrecen a oportundiade de facer uns directos contundentes. Desta volta, de novo, producidos, e gravados, polo produtor vasco Kaki Arkarazo (Negu Gorriak, Kortatu) nos estudios Garate (Gipuzkoa-Euskadi) coidando extremadamente cada canción nunha aposta polo son máis orgánico, auténtico e rockeiro da da banda.
Mariagrep move as noites de baile co seu novo disco
Xénero:
| 31 / 1 / 2025Mariagrep, nome artístico de María Gallego Román, asina o seu segundo traballo longo en solitario 'Mariagrep Is not a crime' , tras aquel 'Si un día...' (Raso estudios, 2021) e tras outros EPs. A artista, que tamén forma parte de bandas como Grande Amore e Coolnenas, manten a súa boa sintonía con Raso estudios, a discográfica ferrolá que cumpre dez anos conformando un catálogo con algunhas das propostas máis interesantes da electrónica galega. O novo disco de Mariagrep entra nos ritmos máis nocturnos de pista de baile, inspirada xustamente nesas noites de festa coas amigas
As Residencias Mariñán chegan á súa terceira edición
Xénero:
| 28 / 1 / 2025Ata o vindeiro 14 de febreiro está aberto o prazo de presentación de solicitudes para as III Residencias Artísticas Mariñán. A Deputación da Coruña daba a coñecer este 28 de xaneiro as bases do programa, que mantén o seu formato e apoiará o desenvolvemento de catro proxectos do ámbito musical e outros catro do campo da literatura e do pensamento.
Terbutalina anuncia unha pausa indefinida na súa carreira
Xénero:
| 23 / 1 / 2025O grupo Terbutalina despídese dos escenarios logo de quince anos de actividade. A banda de Esteiro anunciaba este 22 de xaneiro nas súas redes sociais unha parada de duración indefinida na súa actividade.
A banda da Loba volta con Lovismo
Xénero:
| 20 / 1 / 2025Co amor nas súas múltiples formas de expresión ("o desexo, as relacións, a maternidade, o amor propio, a sororidade, o amor polo noso...") como eixe, A banda da loba lanzaba este 17 de xaneiro Lovismo, o seu quinto traballo de estudio. Os once temas do álbum chegan da man de Seispés Producións Creativas e foron gravados nos estudios Abrigueiro.
9Louro inicia a súa carreira musical con Nove noves
Xénero:
| 15 / 1 / 2025O muradán Martín Louro 9Louro comeza súa carreira no mundo discográfico con Nove noves. Os nove cortes do álbum amosan a variedade de estilos que manexa dentro do ámbito da música urbana este mozo de vinte anos.
Xabier Díaz reivindica o legado das cantareiras publicando medio cento de vídeos de recollidas
Xénero:
| 10 / 1 / 2025Xabier Díaz implícase de cheo coa homenaxe que este ano o Dia das Letras galegas fai á cantareiras e comezará desde este venres a publicar cada semana nas súas redes sociais unha serie de vídeos das súas recollidas da música tradicional e o patrimonio oral. Serán en total 54 entregas, correspondentes a traballos seus de investigación e recollida levados a cabo durante 22 anos, entre 1989 e 2011. Estes máis de medio cento de vídeos son tan só unha escolma dun enorme traballo que fixo que inclúe máis de 500 gravacións levadas a cabo nas catro provincias galegas e tamén en zonas limítrofes de Asturias, Zamora e León. A primeira entrega será un vídeo gravado en 1989 na parroquia de Moscoso, en Pazos de Borbén. E no que as irmás Rosa e Aida Garrido, interpretan o 'Canto de sachar o millo'
A RAG abre no seu web o espazo do Día das Letras 2025
Xénero:
| 3 / 1 / 2025Cunha presentación a cargo de Ana Boullón e a tribuna "Cantar para gañar galegofalantes" de Antón Santamarina, a Real Academia Galega acaba de abrir o espazo web do Día das Letras 2025. A xornada dedícase neste ano "á poesía popular oral, personificado en Adolfina e Rosa Casás, de Cerceda, Eva Castiñeiras, de Muxía, e Manuela Lema e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas tres das Pandeireteiras de Mens (Malpica)".