Ir ao contido directamente.


Noticias

Hoxe é o día 'de amor'

Xénero: Electrónica | 14 / 2 / 2025

Capa_de-amor_RSK_ZeltiaIglesias.jpg

Acaído ao día de San Valentín chega o disco de debut do colectivo creativo multidisciplinar 'resaca emocional' (RSK no seu nome curto), baixo o título 'de amor' (Tremendo audiovisual). Tras catro temas que foron avanzados nos pasados meses, hoxe sae á luz a totalidade do álbum de 10 temas que xa está en plataformas. Ash Diz, Berto Mira, Brais Iriarte e Lorena Cachito conforman a parte musical deste colectivo no que tamén hai artistas visuais e no que a comunidade é a clave dun proxecto atravesado polas diversidades. O resto do colectivo está conformado por Diana Montserrat: danza; Gala Rodriguez: escenografía, vídeo, foto; Noelia Mato: danza; Rocio Campoy: debuxo, maquillaxe; Zeltia Iglesias, deseño. O disco ofrece dez delicadas e exquisitas cancións de pop electrónico, suaves pero con picos de baile techno -acompañadas doutras tantas pezas visuais de Zeltia Iglesias- que afondan con honestidade no universo emocional dunha xeración nova con todo por explorar.

O festival de Ortigueira crea o Laboratorio de Cántigas Novas

Xénero: Folk | 12 / 2 / 2025

imaxe non dispoñible

O vindeiro 8 de marzo comeza a súa actividade en Ortigueira o LAB-Laboratorio de Cántigas Novas. O Festival Internacional do Mundo Celta que se celebra nesta localidade abre este novo espazo de formación no campo da música tradicional coa dirección de Ugia Pedreira e Óscar Górriz e coa colaboración da escola de gaitas municipal.

A música protagoniza o Día das Letras dedicado ás cantareiras

Xénero: Folk | 10 / 2 / 2025

imaxe non dispoñible

A sede da Fundación Seoane, na Coruña, acollía este 10 de febreiro a presentación do programa que a Real Academia Galega artellará ao longo do ano arredor do Día das Letras Galegas. A efeméride está dedicada nesta ocasión "á poesía popular oral e ás mulleres que contribuíron á súa creación e transmisión" e personificada en Adolfina e Rosa Casás, Eva Castiñeira e mais Manuela Lema, Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda e Teresa García Prieto, as catro integrantes das Pandeireteiras de Mens que faleceron hai máis de dez anos, requisito establecido para recibir esta dedicatoria.

Quiosco: Raigame 51

Xénero: Folk | 7 / 2 / 2025

imaxe non dispoñible

A sede da Deputación de Ourense acollía este 2 de febreiro a presentación do número 51 da revista Raigame. Revista de arte, cultura e tradicións populares. A publicación que realiza o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo co apoio da Deputación de Ourense lembra nesta entrega o cincuentenario do falecemento do fotógrafo José Suárez. O creador protagoniza un artigo no que Xosé Luis Suárez Canal e Mercedes Rozas repasan diferentes exposicións que protagonizou ao longo da súa vida.

Ruxe Ruxe publican o novo disco 'Xabral'

Xénero: Rock | 5 / 2 / 2025

XABRAL-capa.jpg

'Pub rock' é o tema que abre o novo álbum dos veteranos Ruxe Ruxe e tamén é o nome da xira de presentación do disco, que xa arrincou e ten varias datas por diante. 'Xabral' (Luneda, 2025) é o décimo cuarto disco da banda de Aríns. Trece temas de rock&roll con sabor a clásicos todo eles e que de seguro ofrecen a oportundiade de facer uns directos contundentes. Desta volta, de novo, producidos, e gravados, polo produtor vasco Kaki Arkarazo (Negu Gorriak, Kortatu) nos estudios Garate (Gipuzkoa-Euskadi) coidando extremadamente cada canción nunha aposta polo son máis orgánico, auténtico e rockeiro da da banda.

Mariagrep move as noites de baile co seu novo disco

Xénero: Electrónica | 31 / 1 / 2025

mariagrep_isnotacrime.jpg

Mariagrep, nome artístico de María Gallego Román, asina o seu segundo traballo longo en solitario 'Mariagrep Is not a crime' , tras aquel 'Si un día...' (Raso estudios, 2021) e tras outros EPs. A artista, que tamén forma parte de bandas como Grande Amore e Coolnenas, manten a súa boa sintonía con Raso estudios, a discográfica ferrolá que cumpre dez anos conformando un catálogo con algunhas das propostas máis interesantes da electrónica galega. O novo disco de Mariagrep entra nos ritmos máis nocturnos de pista de baile, inspirada xustamente nesas noites de festa coas amigas

As Residencias Mariñán chegan á súa terceira edición

Xénero: Miscelánea | 28 / 1 / 2025

imaxe non dispoñible

Ata o vindeiro 14 de febreiro está aberto o prazo de presentación de solicitudes para as III Residencias Artísticas Mariñán. A Deputación da Coruña daba a coñecer este 28 de xaneiro as bases do programa, que mantén o seu formato e apoiará o desenvolvemento de catro proxectos do ámbito musical e outros catro do campo da literatura e do pensamento.

Terbutalina anuncia unha pausa indefinida na súa carreira

Xénero: Rock | 23 / 1 / 2025

imaxe non dispoñible

O grupo Terbutalina despídese dos escenarios logo de quince anos de actividade. A banda de Esteiro anunciaba este 22 de xaneiro nas súas redes sociais unha parada de duración indefinida na súa actividade.

A banda da Loba volta con Lovismo

Xénero: Pop | 20 / 1 / 2025

capa_Lovismo_banda_loba.jpg

Co amor nas súas múltiples formas de expresión ("o desexo, as relacións, a maternidade, o amor propio, a sororidade, o amor polo noso...") como eixe, A banda da loba lanzaba este 17 de xaneiro Lovismo, o seu quinto traballo de estudio. Os once temas do álbum chegan da man de Seispés Producións Creativas e foron gravados nos estudios Abrigueiro.

9Louro inicia a súa carreira musical con Nove noves

Xénero: Hip-Hop | 15 / 1 / 2025

nove_noves_9louro.jpg

O muradán Martín Louro 9Louro comeza súa carreira no mundo discográfico con Nove noves. Os nove cortes do álbum amosan a variedade de estilos que manexa dentro do ámbito da música urbana este mozo de vinte anos.

<< Inicio / Anterior . 21 a 30 de 3492 . Seguinte \ Fin >>

BUSCADOR