Noticias
O Outono Lírico de Vigo programará a ópera Werther de Massenet
Xénero:
| 3 / 7 / 2025O Festival Outono Lírico de Vigo ofrecerá o 8 de novembro a ópera Werther, de Jules Massenet. Así se deu a coñecer tras da sinatura do convenio entre o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e o presidente da Asociación Amigos de la Ópera de Vigo, Daniel Diz, polo que a Xunta achega 30.000 euros ao desenvolvemento do festival durante os meses de setembro, outubro e novembro, que inclúe títulos destacados da lírica internacional, zarzuela e actividades paralelas pensadas para todos os públicos. En concreto, o calendario arrancará o 28 de setembro coas representacións das obras A Voz Humana e A Dama de Montecarlo, de Poulenc, seguido de Unha noite de zarzuela, coa soprano Ainhoa Arteta, o 18 de outubro.
The Rapants abren hoxe os Atardeceres no Gaiás
Xénero:
| 3 / 7 / 2025Este xoves ás 21:00 horas o concerto da banda muradán The Rapants, na praza central da Cidade da Cultura de Galicia dará inaugurará o programa estival Atardecer no Gaiás. En total serán 11 citas musicais abertas ao público de balde con 16 bandas nas tardes dos xoves e venres de xullo e agosto. Ademais dos muradáns, esta primeira semana complétase co concerto o venres de Eris Mackenzie (Carlos Eirís), co seu proxecto de fusión de electrónica minimalista con música tradicional galega. Ademais deles, a escena galega está representada no programa por Dirty Suc, Lua de Santana, La Toñi, Melodiam, Mocho Gris, Kike Varela DJ e Sara Gimeno e Lontras, gañadores do certame Xuventude Crea 2025. Rap e música urbana, ritmos latinos, electrónica ou pop son algúns dos variados xéneros que esta cita ofrecerá ao longo do verán. A lista de artistas complétase con Ana Lua Caiano, Al Safir, Faenna, Calle Mambo ou Futurachicapop.
Fillas de Cassandra marcan os tempos lentos do artesanal
Xénero:
| 2 / 7 / 2025A creación artesá en diversas modalidades, a pausa, a construción social do tempo, son os eixos de reflexión sobre os que o dúo Fillas de Cassandra fixo medrar o traballo 'Hibernarse' (Altafonte, 2025) que ven de presentar en dúas accións no Museo MARCO e na Fundación Luís Seoane. Este EP, que contén catro temas (feito a man, arderse, quebrantarse e hibernarse) que foron facendo públicos ao longo dos pasados meses, vai máis alá do musical e as reflexións conceptuais que o inspiran trasládanse a outros formatos.
Hércules de Ediciones presenta Os xéneros musicais tradicionais e populares galegos
Xénero:
| 25 / 6 / 2025A libraría Cartabón de Vigo acolle este 26 de xuño a presentación de Os xéneros musicais tradicionais e populares galegos. Moisés Quintas e Victoria Pérez explicaranlle ao público este lanzamento de Hércules de Ediciones arredor do Día das Letras Galegas dedicado ás cantareiras.
Catro eventos reparten os patrocinios FEST Galicia
Xénero:
| 24 / 6 / 2025A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) daba a coñecer este 23 de xuño o reparto dos fondos do patrocinio FEST Galicia para eventos musicais do noso país. A liña, dotada como no pasado ano con 270.000 euros, distribúese nesta ocasión entre catro citas, unha menos que en 2024.
A Real Filharmonía de Galicia celebra 30 anos
Xénero:
| 23 / 6 / 2025Co título Historias, a Real Filharmonía de Galicia presentaba este 20 de xuño a programación da súa temporada 2025/2026. Co lema Historias, a formación con sede en Compostela combinará unha ollada atrás, a recuperar repertorio dos seus primeiros anos, con propostas inéditas.
Serán incorpora un festival musical na súa cuarta edición
Xénero:
| 19 / 6 / 2025Un festival con Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, De Ninghures, Tres Pesos e Xosé Lois Romero & Aliboria abre este venres 20 de xuño Serán'04. A cuarta xeira do Encontro Galego de Cultura Popular. Baile e música tradicional incorpora estes concertos ao seu programa nun ano no que se suma ás homenaxes ás cantareiras que protagonizaron o Día das Letras Galegas.
O VIII Clasclás incorpora un programa sinfónico
Xénero:
| 13 / 6 / 2025Cunha xeira centrada en reivindicar composicións españolas, Vilagarcía acolle entre os vindeiros 21 e 28 de xuño a oitava edición do Clasclás. O Festival Internacional de Música Clásica celébrase baixo o lema Allegro Giocoso en homenaxe á Suite Iberia de Isaac Albéniz. A programación paralela "A pé de rúa" abre o programa os días 14 e 15 deste mes con concertos nas rúas e prazas a cargo do alumnado do Conservatorio e Escola Municipal de Música.
Samesugas reivindican o seu punk-rock con White Fire
Xénero:
| 13 / 6 / 2025Catorce anos pasaron desde o seu último LP e levan xa 25 na estrada, pero Samesugas non baixa o ritmo. A veterana banda de Compostela continúa con White Fire a súa reivindicación dun punk rock que borda o garage. Temas con carácter apocalíptico, guitarras ben altas e ritmos sen concesións amósanse con toda a súa crueza en temas como Last night on earth, Justify, Hard to pretend ou Garden.
Co patrimonio no corpo: os nomes das cantareiras
Xénero:
| 12 / 6 / 2025Cando falamos de cancioneiros, adoitamos pensar nun corpus de cantigas que se transmiten entre xeracións. Non entanto, o xeito no que chega a nós ese legado está condicionado por toda unha serie de persoas coas súas relacións, preferencias persoais e biografías. A pór o foco na importancia desas pegadas, o proxecto Entre Todas afonda nas peculiaridades vitais das portadoras deste patrimonio ao tempo que reivindica o seu carácter comunal.