Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Nova era
Música Nova era
Abraham Cupeiro presenta 'Mythos' con xira en Galicia
Xénero:
| 7 / 2 / 2024Hoxe sae á luz nas plataformas dixitais o novo traballo discográfico de Abraham Cupeiro, 'Mythos' (Loira records). No disco o músico, investigador e multiinstrumentista de Sarria (1980) presenta oito novas composicións propias baseadas, como o seu título indica en mitos e lendas das culturas de Grecia, Roma ou a India, o que supón neste caso unha nova viaxe musical a través da historia da humanidade. Este é o terceiro traballo discográfico de Cupeiro tras aquel revelador 'Os sons Esquecidos' (Warner, 2017) e o globalista 'Pangea' (Warner, 2020) e de novo o compositor volve facer equipa con formacións sinfónicas de alto nivel para ofrecer as súas composicións ou interpretacións nas que incorpora sons ancestrais a través mesmo da recuperacións de instrumentos antigos. Neste caso o disco gravouse nuns estudios que tampouco están desprovisto de carga mística, como son os de Abbey Road en Londres, e o lugués acompañouse da Royal Philarmonic Orchestra para a gravación, ao igual que xa fixera co seu segundo traballo.
Abraham Cupeiro fai un retrato sonoro do planeta coas músicas ancestrais en 'Pangea'
Xénero:
| 9 / 10 / 2020Abraham Cupeiro (Sarria, 1980) é un músico coñecido pola súa faceta coma recuperador de instrumentos e sons ancestrais, practicamente esquecidos, facendo confluír arqueoloxía e musicoloxía a través da súa investigación. O investigador e multiinstrumentista ven de presentar agora un novo disco de alcance universal, Pangea (Warner M;usic, 2020) gravado nos estudos de Abbey Road (Londres) en compañía da Royal Philarmonic Orchestra. Pangea é o segundo disco de Cupeiro tras Os sons esquecidos (Warner Music, 2017) un traballo de recuperación tamén de instrumentos e sons para o que contara coa Real Filarmonía de Galicia. En Pangea Cupeiro ofrece a través de composicións propias del e de María Ruíz unha viaxe polo planeta non só xeográfica senón tamén temporal grazas á recuperación de sons e instrumentos propios de moitas zonas do mundo ao longo da historia. Cupeiro usa dos sons das caracolas para achegarnos a Oceanía, o instrumento chinés Hulusi para subirnos ás montañas dese país, cornas de pastor, gaitas búlgaras, frautas africanas e unha longa listaxe que acaba por facer un percorrido global de melodías nun só disco, que coma o suposto continente orixinario Pangea, reúne todas as terras do planeta nun ente único.
Pancho Álvarez presenta Celtis Australis, quinto disco en solitario
Xénero:
| 7 / 9 / 2017O músico porriñés Pancho Álvarez, coñecido polo seu virtuosismo nos instrumentos de corda da música tradicional e que formou parte ddos grupos Na Lúa ou Matto Congrio, saca mañá venres ao mercado o que será o seu quinto disco en solitario: Celtis Australis (Fol Música) do que xa coñecemeos o seu primeiro tema de avance : Outra mañá. Álvarez presenta neste traballo 17 temas propios nos que tamén canta as letras para cuxa escrita contou coa colaboración de escritores como Suso de Toro e Manuel Forcadela ademais de Magín Blanco. Para Celtis Ausstralis Pancho contou tamén coas colaboracións de outros músicos como Antón Seoane, Pablo Novoa, os irmáns Félix e Cástor Castro Vicente, Xurxo Núñez, Carlos Beceiro, Gutier Álvarez, David Migoya, Álvaro Vieito, Miguel Argibay, Álvaro Iglesias, Juan Álvarez, Maruxa Álvarez Solleiro e a voz de María Solleiro.
O título do disco, que se presenta en formato digipack, garda básicamente dous significados: por un lado pretende ubicar a Galicia como o sitio dos celtas do sur, en contraposición aos considerados típicos países celtas do norte como Irlanda ou Escocia, e por outro é o nome botánico do árbore “Lodoeiro” (almez ou lodón ou flor de loto para os romanos). Pancho Álvarez preséntanos un disco optimista, aberto e creativo no que se recollen ecos da nosa viaxeira historia musical e onde se encara modernidade e tradición coa mesma naturalidade.
Santiago exhibe o seu potencial para acoller a organización do WOMEX
Xénero:
| 23 / 8 / 2011A Cidade da Cultura e os principais recintos culturais de Santiago (Auditorio de Galicia, Multiusos Fontes do Sar, Pazo de Congresos e Exposicións…) pasan estes días por un peculiar exame. Ese que lle pasará os organizadores do WOMEX, a prestixiosa feira internacional de “world music” de todos os estilos, para a que a cidade é candidata. A proposta foi coordinada pola produtora Nordesía quen, co apoio de Agadic, será a encargada de presentar e defender ante os responsables da feira, a proposta para que Santiago acolla este encontro a partir do 2014.
novidades discográficas
Mythos
Abraham Cupeiro
Pangea
Abraham Cupeiro
Celtis Australis
Pancho Álvarez
Mar de Mares
Fasero