Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Cancións de The Homens e Quant nun disco compilatorio editado por una revista xermana
Cancións de The Homens e Quant nun disco compilatorio editado por una revista xermana
maio 23, 2007
Os composteláns The Homens e os ferroláns Quant son as dúas bandas galegas seleccionadas para participar no compilatorio “Share It, Spread It, Love It” editado pola revista xermana Metawelle baixo licenza copyleft. Vinte e unha bandas con cadansúa canción enchen este disco que se pode descargar da rede completamente de balde. O trío The Homens está representado polo seu tema “Uh, Uh, Uuhhh” mentres que o dúo Quant pon a canción “Radiatiot Love” no disco. Do disco fixéronse só cen copias físicas sacadas á venda ao simbólico prezo de 0,70 euros e pode descargarse de balde nos formatos MP3 e OGG.
Máis información en Sono-Tone
Tamén che pode interesar:
- 8/ 7/ 2009 | A revista Rockzone distribúe o terceiro disco de Aphonnic
- 9/ 3/ 2009 | Quant enchen de cores e idiomas o seu primeiro disco longo
- 19/ 5/ 2008 | Volve Projecto Mourente cun novo disco de pop electrónico caseiro para bailar
- 16/ 10/ 2007 | The Homens xa teñen na rúa o seu novo disco en CD e vinilo
- 20/ 9/ 2006 | O ex-Piratas Fon Román presenta o seu primeiro disco en solitario