Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Xabier Díaz rescata músicas populares no seu segundo traballo en solitario

COPLAS PARA ICíA

Xabier Díaz rescata músicas populares no seu segundo traballo en solitario

FOLK | maio 15, 2007

not_9951.jpg

O segundo traballo de Xabier Díaz “Coplas Para Icía“ (Músicas de Salitre,2007) xa ten anunciada a súa chegada ás tendas para a segunda quincena deste mesmo mes. En “Coplas Para Icía” Díaz ten como compañeiros de viaxe ao percusionista e gaiteiro Pedro Lamas e o acordeonista Suso Iglesias. Neste disco Díaz rescata músicas do pobo tomadas do seu propio arquivo, compilación froito dun extenso traballo de campo entre os anos 1990 e 2000. A presentación en concerto está prevista para o vindeiro 22 de xuño en Culleredo ( A Coruña ) . Xabier Díaz foi finalista aos Premios da Academia da Música no 2005 polo disco “Músicas de Salitre“ que fixo xunto con Guillermo Fernández e co que acadou o 3º posto na edición dos galardóns La Opinión do mesmo ano.

Xabier Díaz, Pedro Lamas, Suso Iglesias
AUDIO | 30 SEGUNDOS
Muiñeira de Cortellas de Soutomaior
datos do disco