Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Preséntase o I Festival e Academia de Música de Cámara, que achegará trinta e nove concertos ao país
Preséntase o I Festival e Academia de Música de Cámara, que achegará trinta e nove concertos ao país
xaneiro 25, 2007
Cameralia 07 é o nome o I Festival de Música de Cámara de Galicia que presentaba esta mañá a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, na Escola de Altos Estudos Musicais, en Compostela. O evento, que se desenvolverá o vindeiro mes de xullo, achegará 39 concertos a dez cidades e vilas do país. Ademais, o festival inclúe unha academia, na que se impartirán 182 clases de música coas que se quere formar intérpretes neste tipo de obras. Para comezar, mañá ás nove da noite un concerto de José Luís Estelles (director artístico do evento) co Cuarteto Casals, servirá para presentar o festival no Auditorio de Galicia.
Máis información no web da Consellaría
Tamén che pode interesar:
- 15/ 4/ 2016 | O Ciclo de música relixiosa de Barcia de Mera contará con 8 concertos
- 21/ 8/ 2014 | O II Festival Groba reunirá concertos e clases maxistrais en Ponteareas
- 1/ 7/ 2009 | O XXV Festival de Ortigueira achegará unha vintena de concertos
- 4/ 4/ 2008 | Cultura programa “Espazos sonoros” un ciclo de concertos en espazos patrimoniais
- 3/ 5/ 2007 | Cultura crea un festival para achegar a música de cámara con concertos e conferencias