Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Nordestin@s dignifica as cancións populares mariñeiras cunha sofisticada fórmula de fusión co jazz

REFRESCANTES SONS MARIñEIROS

Nordestin@s dignifica as cancións populares mariñeiras cunha sofisticada fórmula de fusión co jazz

FUSIóN | xaneiro 4, 2007

not_9099.jpg

A unión libre entre Ugia Pedreira, Guadi Galego e Abe Rábade deu como resultado o concerto Nordestin@s, celebrado en setembro deste ano no Teatro Principal de Compostela e gravado neste disco do mesmo nome que agora se presenta como produto da man da discográfica Falcatruada. O repertorio, baseado na tradición das cancións mariñeiras “que ulen a mar e a taberna”e cunha posta en escena sinxela na que o trío dá todo de si coas voces das dúas cantantes e o piano de Abe Rábade, comezará agora unha xira invernal por sala e teatros de cidades, vilas e pobos. Guadi Galego subliñou a perfección do formato para unha xira invernal así como a súa vocación por chegar a pequenas vilas ademais de ao circuíto máis urbano. Este disco en directo, o primeiro na caso das dúas cantantes, reinterpreta con frescura as cancións populares, adaptadas nas súas letras e músicas, incorporando a fusión do jazz na sofisticación do piano de Rábade que “non tapa o que de popular teñen as cancións”, deixando claro o seu arraigamento na cultura do país.

Máis información en Nordestin@s

datos do disco