Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O primeiro festival de hip-hop da Coruña pretende reunir a tres milleiros de afeccionados ao xénero

BOMBOS, CAIXAS E CRISTAIS

O primeiro festival de hip-hop da Coruña pretende reunir a tres milleiros de afeccionados ao xénero

HIP-HOP | maio 31, 2006

not_8090.jpg

No Coliseum da Coruña, e coa presentación do actor Serxio Pazos, o espectáculo “Bombos,caixas e cristais” reunirá este sábado día 3 de xuño unha representación do movemento hip-hop en todas as súas variantes. Este festival reunirá a seis grupos nacionais, dous deles galegos –Dios ke te crew e Low & Overground Orkesta- e aos ingleses Foreign Beggars. Tamén haberá espazo e tempo dentro das seis horas para a exhibición de graffiti e o espectáculo de break dance. Serxio Pazos incorporará á súa presentación a interpretación de un rap dedicado ao político Francisco Vázquez. Os promotores do festival, a produtora Gabba Gabba Hey, demandaron un apoio das institucións para converter o festival nun referente galego e nacional.

Máis información no Programa do Festival