Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Abe Rábade, Quatro D abril, Xavier Blanco e Santi Santos presentan os seus novos traballos
Abe Rábade, Quatro D abril, Xavier Blanco e Santi Santos presentan os seus novos traballos
maio 31, 2006
A musica galega está estes días en plena efervescencia xa que catro grupos diferentes están a piques de presentar os seus traballos. Un dos primeiros en facelo é o pianista de jazz Abe Rábade, que presentará o vindeiro domingo “Playing on light”, o seu terceiro traballo discográfico que mestura a poesía da súa irmá, María do Cebreiro, con fotografías de diferentes autores. Por outra banda, os pontevedreses “Quatro D abril” (antes Amigos de Blas) lanzarán ao mercado o vindeiro 13 de xuño o seu primeiro traballo, que se chama igual que o propio grupo. Polo demais, Los Limones presentan “Palabra” o oitavo disco da súa traxectoria discográfica e que conta coa colaboración de Antonio Vega. Por último, a consellaría de Cultura presenta este venres “Gaitas troncais”, o terceiro disco de Xavier Blanco e no que fai un repaso polos distintos tipos destes instrumentos ao longo da historia.
Máis información nos webs de Abe Rábade e no de Quatro D Abril; sobre Los Limones en Diario de Ferrol e sobre “Gaitas troncais” en Atlántico Diario