Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Os grupos coruñeses que queiran ser contratados polo concello no verán terán que rexistrarse nunha base de datos
Os grupos coruñeses que queiran ser contratados polo concello no verán terán que rexistrarse nunha base de datos
maio 30, 2006
O Concello da Coruña ven de crear un sistema de rexistro de grupos musicais da cidade para, desta maneira, facilitar a súa promoción e as súas actuacións, fundamentalmente durante as festas do verán. Os grupos pódense inscribir a través da páxina web do Concello que ten como obxectivo facilitar o meirande número de actuacións posibles para estas formacións. Así, durante o verán preténdese chegar ata os 90 concertos destas formacións polos diferentes barrios e zonas da cidade, aproveitando as infraestruturas xa existentes para a programación das festas de María Pita, segundo sinalou o concelleiro de Festas e Xuventude, Esteban Lareo.
Máis información no Concello de A Coruña