Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Xistra do Coruxo reivindica o espazo musical común do sur de Galicia e norte de Portugal no seu terceiro disco
Xistra do Coruxo reivindica o espazo musical común do sur de Galicia e norte de Portugal no seu terceiro disco
novembro 1, 2000
En "Xistralia, república independente" (Zouma Records, 2000), Xistra do Coruxo recuperan os sons, os instrumentos e as pezas tradicionais do sur de Galicia e do norte lusitano. Cando en 1998 "Xistra do Coruxo" irrompeu no panorama folk, nacía co obxectivo de estudar, divulgar e actualizar aquelas pezas musicais que recollían o sentir e o lecer das xentes do sur galego. Unha vocación didáctica que plasmaron ó longo da súa discografía e, en especial, neste último de traballo. Neste terceiro albume Xistra de Coruxo recupera problemas e temas que malia parecer actuais, están na nosa cultura dende sempre. O seu compromiso particular son as Treboadas, unha cita ineludible en tódolos seus traballos. No seu disco, ademais de 14 pezas musicais, Xistra engade as partituras das pezas populares orixinais que toman como base do seu traballo.
Tamén che pode interesar:
- 5/ 6/ 2014 | Xistra de Coruxo amplía fronteiras con A Charurga
- 25/ 5/ 2009 | Fasero presenta o seu terceiro disco en solitario
- 2/ 12/ 2008 | Milladoiro une musicalmente o eixo atlántico
- 8/ 10/ 2008 | Holywater presenta Tranquility ante o seu público
- 14/ 5/ 2008 | Un disco recolle unha selección do patrimonio musical da provincia de Pontevedra