Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Consello da Cultura homenaxea a Pepito Arriola cun concerto homenaxe

A MúSICA DE PEPITO

O Consello da Cultura homenaxea a Pepito Arriola cun concerto homenaxe

CLáSICA/LíRICA | febreiro 1, 2006

not_7417.jpg

José Arriola, máis coñecido como Pepito Arriola, foi un destacado músico e compositor galego que chegou a ser pianista na corte do emperador Guillerme II e concedeu actuacións en auditorios reputados como o Carnegie Hall ou o Metropolitan de Nova York. Os avatares da súa vida e as particularidades da súa composición abordaranse esta tarde nunha conferencia-concerto que lle dedica a Sección de Música do Consello da Cultura Galega. No acto interpretaranse obras de Arriola e de Manuel de Falla a cargo do pianista Julio Mourenza e do violonchelista Carlos García Amigo.

Máis información no web do Consello da Cultura