Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / As principais orquestras galegas dedican a maior parte da súa programación a compositores estranxeiros
As principais orquestras galegas dedican a maior parte da súa programación a compositores estranxeiros
xullo 11, 2005
Nesta edición do Festival de Música de Galicia, estreouse unha obra de Rogelio Groba (Pontevedra, 1930) composta para flauta, oboe, clarinete, fagot e cordas. Era unha estrea mundial que supuña ver interpretada unha obra puramente galega. Pero este non é un feito moi habitual no panorama musical. Pasen e escoiten.
Fonte: Fundación Autor. Elaboración: Culturagalega.org
Durante cinco anos, a Fundación de Autor (dependente da SGAE) estivo analizando as temporadas de abono das principais orquestras galegas. O resultado foi unha radiografía do tipo de música interpretada por ambas formacións. En ambos casos, a maior parte do seu repertorio son compositores estranxeiros, mentres que os españoles ocupaban porcentaxes moi baixas (un 16.2% para a OSG e un 8.5% da Real Filharmonía). Pero se ollamos para o que acontece cos músicos galegos, as porcentaxes descenden ata mínimos. Un 2.4% para a Orquestra Sinfónica e un 2.6% para a Real Filharmonía.
Máis información sobre o Reperterio galego
Consulta o noso tema do día sobre os Compositores galegos
Web da Asociación de Compositores Galegos
Tema do día sobre Corpus de música gallega de Arte Tripharia
Descubre dous Corpus de música gallega
Reportaxe sobre a Fundación Reveriano Soutullo