Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Espectáculos, o premio Andrés Gaos e a homenaxe a Rogelio Groba marcan a celebración do Día da Música

INVASIóN MUSICAL

Espectáculos, o premio Andrés Gaos e a homenaxe a Rogelio Groba marcan a celebración do Día da Música

CLáSICA/LíRICA | xuño 21, 2005

imaxe non dispoñible

O Día Europeo da Música enche a actualidade de novas sonoras. En Santiago, o Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais (IGAEM), o Casino e o Estudio Escola de Música organizan unha serie de actuacións na rúa que, entre as once da mañá e as once da noite, encherán dos ritmos máis variados os espazos abertos da cidade. Coincidindo con esta data tamén coñecemos o gañador da sexta edición do premio Andrés Gaos de composición musical que organiza a Deputación da Coruña. O arxentino José Luís Campana fíxose co galardón pola obra “Nuestro Tiempo”, feita para catro voces, coro mixto e orquestra. Finalmente, con ocasión desta data, a Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE) presenta un CD co que homenaxe ao compositor Rogelio Groba, que fai este ano o seu setenta e cinco aniversario.

Máis información en Galicia Hoxe sobre a música na rúa en La Opinión sobre o premio Andrés Gaos; sobre a homenaxe a Groba, na edición de hoxe de Diario de Pontevedra