Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Leilía distribuirá o seu novo disco Son de Leilía exclusivamente en Internet
Leilía distribuirá o seu novo disco Son de Leilía exclusivamente en Internet
xuño 13, 2005
O grupo Leilía demostra unha vez máis a modernidade da súa proposta coa distribución exclusiva a través da rede do seu novo disco. As pandeireteiras composteláns presentarán neste traballo, de nome “Son de Leilía” como o espectáculo que veñen facendo en directo, unha recompilación de temas inéditos da formación en colaboracións en discos colectivos que non se chegaron a distribuír en España, temas de bandas sonoras e colaboracións con outros músicos e grupos. O disco estará dispoñible na rede a mediados de xullo. O grupo ten actualmente no seu sitio web o tema “Mil camiños” dispoñible para a súa descarga de balde.
Máis información en La Voz de Galicia
e no sitio web de Leilía
Tamén che pode interesar:
- 5/ 5/ 2023 | Budiño navega libre e ben acompañado en "Branca Vela"
- 8/ 3/ 2023 | Leilía fecha máis de tres décadas de actividade coa xira Vidas Cantadas
- 4/ 12/ 2014 | Non hai berce coma o colo actualiza arrolos tradicionais
- 5/ 12/ 2011 | Leilía pura
- 20/ 5/ 2009 | Con Benzón Guadi Galego presenta o seu disco máis conceptual e universal