Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Berrogüetto presenta en Compostela o seu vindeiro traballo, “DeSolaSons”
Berrogüetto presenta en Compostela o seu vindeiro traballo, “DeSolaSons”
decembro 20, 2004
Música gravada con enerxía solar nas Illas Cíes para servir como banda sonora a un documental, onda novos temas integran o novo traballo de Berrogüetto. O disco, titulado “DeSolaSons”, preséntase o vindeiro día 22 en Compostela cun concerto enmarcardo no ciclo “Sons da diversidade”, no que o grupo contará co apoio sonoro da orquestra catalá Ségle XXI. Os compoñentes de Berrogüetto agardan que o CD estea nas tendas ao longo do ano 2005.
Máis información en La Voz de Galicia; en La Opinión e no web de Sons da Diversidade