Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Carlangas volve con ganas de baile

HOXE SAE 'BAILóDROMO' O SEGUNDO DISCO EN SOLITARIO DO EX-NOVEDADES CARMINHA

Carlangas volve con ganas de baile

POP | outubro 18, 2024

carlangas_bailodromo.jpg

Apenas ano e medio máis tarde do seu álbum de debut en solitario chega o segundo traballo de Carlangas, nome artístico de Carlos Pereiro (Monterroso, 1987) ex-Novedades carminha. 'Bailódromo vol. 1' (Virgin records), preséntase como unha re-volta estética e frenética sobre diferentes ritmos de baile. Desde a música disco ao punk, desde os ritmos latinos ás soundystem. Acompañado pola formación Los Cubatas, Carlangas inspírase para este traballo en discos como 'Guitarras callejeras' de Pata Negra ou 'No mires a los ojos de la gente' de Golpes Bajos, segundo o comunicado que acompaña ao lanzamento hoxe do disco en plataformas dixitais. O disco inclúe o tema en galego 'Nosoutros', unha adaptación en galego do coñecido bolero de mesmo título, que neste caso Carlangas canta xunto a Russian Red. A través das letras de moitos dos temas as referencias galegas, sobre todo a lugares da nosa terra como escenarios das súas historias, aparecen continuamente, como é marca da casa do artista. Algunhas das sete cancións que conforman este disco xa foron aparecendo nos meses anteriores, tamén a través dos seus concertos e desde esta fin de semana comeza unha xira de presentación por cidades como Sevilla, Granada, Madrid, Donosti, Murcia, Oviedo ou Pamplona. Para a produción artística contou coa colaboración do enxeñeiro de son e produtor musical Luca Petricca, un habitual desde Novedades Carminha. O disco sairá editado en vinilo de 12" o vindeiro 8 de novembro.



datos do disco