Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Berlai retrata o país con 'Estampas Galegas'

O MúSICO PRESENTA UN LIBRO-DISCO NO QUE REúNE CANCIóNS, ILUSTRACIóN E NARRACIóNS

Berlai retrata o país con 'Estampas Galegas'

INDIE | xuño 7, 2023

imaxe non dispoñible

'Estampas Galegas' é o último traballo de Berlai, o terceiro asinado polo exintegrante e compositor de Fía na Roca tras Desconhecido (Axóuxere Editora, 2016) e 'Cas Berlai' (Seispes, 2020). Neste caso Xiao berlai ofrécenos en formato libro-disco unha mestura de música, contos e ilustracións que falan da Galicia actual, homenaxeando a 'Cousas' de Castelao a través de dez cancións e outras tantas estampas baseadas en experiencias vitais ou reflexións do músico. A música e os contos foron compostos por Xiao Berlai e as ilustracións son do artista Leandro Lamas. O diálogo entre as tres artes que habitan as 'Estampas Galegas', convida a xogar entre si e gozar da súa conexión sen orde xerárquica. Podemos comezar pola música ou a ilustración e rematar coa historia, ou viceversa, deixando a elección en mans de quen le, mira e escoita. O novo traballo, na súa parte sonora xa está disponible nas plataformas dixitaise públicase a través de ARegueifa Plataformas 2.0, no formato físico está publicado por Através Editora e pode adquirirse a través da súa tenda en liña.

Retratos do arredor con música
As historias de Berlai retratan un contexto no que o autor se ve a sí mesmo e observa o que o arrodea. Unha tenda de roupa chamada "home" que nin sequera vende pantalóns curtos; a experiencia de ser pai e vivir a imposición de xénero da sociedade ao fillo que acaba de nacer; a progresiva castelanización do galego; o orgullo de ter un país con dous nomes; a reivindicación do acento galego nas producións audiovisuais a través da figura de Arale; e mesmo a fantasía dunha Rosalía liderando o pobo na revolución galega son algunas destas historias narradas a través deste traballo 'Estampas Galegas'. No estilo manténse Berlai na súa autodefinición de "indie rururbano" que xa amosaba no anterior "Cas Berlai". Colaboran no disco Belem Tajes e Pauliña en dous dos temas do álbum. Esta última estará tamén o vindeiro día 9 de xuño na presentación en concertó do traballo na Sala Riquela de Santiago de Compostela.

datos do disco