Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Unha webserie explora o folclore no Camiño de Inverno

O DOCUMENTAL PODE VERSE NA CANLE DE YOUTUBE DA SECRETARíA XERAL DE POLíTICA LINGüíSTICA

Unha webserie explora o folclore no Camiño de Inverno

FOLK | outubro 11, 2022

imaxe non dispoñible

Ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022 Javier Blanco Carballal acaba de presentar a webserie A paso de muiñeira polo Camiño de Inverno. O proxecto, que se pode ver no web da Secretaría Xeral de Política Lingüística repasa en oito capítulos a saúde da cultura e do folclore nas diferentes etapas desta ruta xacobea.

O eixe da obra é a recollida de puntos de baile tradicional mediante entrevistas con informantes de cada unha das zonas polas que pasa o camiño. Con este material, na chegada á Praza da Quintana preséntase a coreografía da Muiñeira do Camiño de Inverno, elaborada a partir das pezas recollidas.