Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Unha maior proxección internacional marca o IX Noia Harp Fest

A CITA INCORPORA O I PREMIO INTERNACIONAL DE COMPOSICIóN PORTUS APOSTOLI

Unha maior proxección internacional marca o IX Noia Harp Fest

MISCELáNEA | agosto 2, 2022

imaxe non dispoñible

Artistas de Galicia, Escocia, Senegal, Paraguai, Bretaña ou Polonia fan parte do programa do IX Noia Harp Fest, que se celebra entre o 3 e o 7 de agosto. No programa destacan nomes coma Anna Amigó, Savourna Stevenson, Steve Kettley, Hermanos Corbalán, Kora Jazz Trío, Clotilde Trouillaud, Paula Ceremuzynksa, Manuel Vilas, Beatriz Martínez, Rafa Fernández Trio ou Bleuenn le Friec.

Tamén o Trío Clepsidra fai parte desta proposta que explora as posibilidades do instrumento en diferentes xéneros . O programa que dirixe Rodrigo Romaní incorpora ademais un encontro das escolas de arpa do país, obradoiros familiares de construción de harpa e clases a cargo de Reyes Gómez, Juanjo e Sixto Corbalán e Savourna Stevenson. No marco do evento Beatriz Martínez, unha das figuras máis relevantes da arpa céltica do noso país presentará o seu primeiro álbum en solitario Tal como as nubes.

Dentro das novidades esta edición está a convocatoria do I Premio Internacional de Composición Portus Apóstoli. O galardón, dotado con 2.000 euros e o compromiso de estrea en concerto pola Real Filharmonía de Galicia, está aberto ata o vindeiro 23 de decembro a obras para harpa e orquestra de entre 10 e 15 minutos de duración.