Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / De lugares e órganos volta á primavera na súa VII Edición

SANTIAGO DE COMPOSTELA ACOLLE ESTE PROGRAMA ENTRE O 8 E O 17 DE ABRIL

De lugares e órganos volta á primavera na súa VII Edición

CLáSICA/LíRICA | marzo 29, 2022

imaxe non dispoñible

Entre o 8 e o 17 de abril vindeiros Santiago de Compostela acollerá os oito concertos que compoñen o programa do ciclo De lugares e órganos. O programa volta á primavera, a coincidir coa Semana Santa, logo de dúas xeiras a se celebrar en setembro por mor da pandemia de Covid-19.

San Paio de Antealtares abrirá o día 10 a serie de concertos cun recital de órgano e violín da man de Michel Schöch e Annelie Gahl. Para o 11 desenvolverase un encontro de música ao vivo con Cristina Alís no espazo Juan Portela Seijo arredor do órgano portativo medieval. A mesma interprete desenvolverá un concerto na igrexa de Santa Clara no día 12 centrada en música da Idade Media. Para o 13, no marco do encontro darase a coñecer o traballo do músico compostelán do século XVIII Frei Bartolomé de Olagüe.

A Igrexa da Universidade acollerá a estrea dunha produción propia para o ciclo, co título de Renaceres para un feixe de flores que mestura a música barroca para órgano coa improvisación e o jazz a cargo de Marta Flórez e Marés Sonoras. O barrio de Conxo protagoniza a sesión de clausura cun roteiro no que se abordarán os sons que se puideron escoitar no antigo Mosteiro, ao que seguirá o concerto de Javier Artigas e Ministriles de Marsias na Igrexa da Nosa Señora da Mercé, neste mesmo barrio, como clausura.

As propostas complétanse coa gravación dun capítulo do programa radiofonico Efervesciencia centrados nos órganos a ciencia e a tecnoloxía que se celebrará o día 8 de abril no Centro sociocultural de Santa Marta. No mesmo abordarase desde uso dos tubos para a amplificación sonora ata a evolución do Órgano Hammond e o seu uso na música popular do século XX.